jump to navigation

Os secretos de Naboo (Parte 1) Diciembre 14, 2008

Posted by lapanda in General, Propositos, Role.
trackback

Misión

A Federación de comercio ten imposto un bloqueo ó pacífico planeta de Naboo. A súa raíña, a reina Amidala, está a tenta-la condena do bloqueo polo senado da República.

Mentres tanto, o bloqueo ten afectado  a moitos dos que pasaban por Naboo, entre eles a Arthur & Wilkinson (sodes vós!).

O cargueiro Vandellós do grupo foi atacado cando tentabades de saír do planeta. Coa nava inutilizada,  o grupo tentou de sair a bordo do Crescent, unha fragata de pasaxeiros, capitaneado por Nuun Pargen (de Alderaan), antiguo socio e gran amigo de Arthur.

O Crescent tamén foi tiroteado, e tivo que facer unha aterraxe de emerxencia nas cercanías da cidade de Theed. A filla do piloto, Inea, foi ferida de gravidade.

Pargen solicitouvos que vaiades a Theed a por axuda médica, mentres el coordina a vixilancia  e coida dela.

Cando o grupo chega a Theed, a capital estaba en caos. A xente berra que un exército de droides de combate da Federación de Comercio estánse a aproximar …

O grupo apretou o paso, antes de que chegen os droides … Tras chegar ó Centro Médico e conseguir os suministros médicos, ó saír do edificio xa se escoitan disparos nas proximidades …

Non se sabe o que pode pasar … pero o que está claro é que se o grupo é capturado, Inea non sobrevivirá …

Continuará o sábado 27 de Nadal en Santiago  …

Comentarios»

1. Tirador - Diciembre 15, 2008

Guay! un mata mata (porque otro tipo de salida de la ciudad no vamos a hacer el grupo) de los que molan! Y con un nivel mas!

Vivan los Jedis! sean del color que sean!

Quiero!