Informe Misión SQC0425_755_ Misión completada con éxito total Mayo 2, 2008
Posted by lapanda in 3149.6 comments
Festa en Chandrila!. O bloqueo das naves Tricher foi desactivado. 3 Fragatas estelares foron capturadas, e 2 máis destruídas. Parte de éxito débese a un grupo de Arthur & Wilkinson, o comando MAD, que tomou unha delas. O comando SCQ non puido chegar a tempo ó ataque conxunto.
Informe
O grupo usou como transporte a nave Vandellós II, tras ser lixeiramente arranxada. Foi unha das últimas naves en partir dentro do batallón de Chandrila, e o pilotada por Andril Stroke conseguiu achegarse á fragata esquivando os seus disparos. Sen embargo, xusto antes de acoplarse a unha escotilla foi danado por dous disparos dos cañóns laser da fragata. Danos estructurales na posición de artilleiro (desactivada), nos sensores, o escudo e propulsión. Logo vimos que a nave aínda funciona con propulsión reducida e incluso pode saltar ó hiperespacio.
Tras acoplarse a escotilla do nivel 7, o grupo tentou de reventar con exposivos a porta da escotilla, pero só sucedeu parcialmente. Houbo que doblar a porta coma se fora unha lata de sardinas, e mentres facían esto os dous soldados do grupo recibiron disparos laser a baixa altura. Foron feridos os dous nas pernas, especialmente Jom Tlur (que case morre coa dor).
A porta seguía bloqueando o camiño, pero sorprendemente un dos tripulantes da fragata decidiu ser él quen a abrira (un pouco confuso él tras escoitar voces na súa cabeza, voces de Wunwiska, estudiante da Forza).
Tras avanzar xa dentro da fragata, houbo combates a quemarropa varios onde o grupo coordinou ataques de forma case maxistral, usando blaster, flechas, coitelos e derribos varios.
Virando á dereita segundo o mapa atopado, entraron nunha nave industrial con grandes pallets de 7m de altura. Tras moverse ó redor, a metade do grupo avanzou por abaixo ata atopar droides de carga con moi malas intencións, mentres o resto do grupo trepou ata arriba e descubriu que había soldados inimigos apostados.
Arriba, nunha coreografía digna de Fama, o estudiante da forza e mais o soldado acertaron o 100% dos seus disparos rematando cos 3 soldados apostados enriba. E iso en 30 seg.
Os de abaixo, tras un disparo perdido que creou un boquete nun dos pallet. atopáronse embadurnados dunha grasa industrial viscosa que fixo que manterse de pé fora unha pequena victoria.
Tras varias caídas espectaculares, o soldado Atack e o explorador Andril Stroke remataron cos droides de carga, e xuntaronse co outro grupo que parecía do Circo do Sol que estaba a saltar de pallet a pallet con bastantes problemas.
Tras explorar outras portas, onde había desde unha zona de carga estelar ata un droide asesino (que durou 0.5 seg ó seren empalado por un toro de carga - un piloto é un piloto); sen esquecernos de un soldado agochado nunha sala que deixou ó soldado Jom sangrando no chan.
O certo é que o grupo chegou ó pasillo que conecta coa ponte de mando un pouco xusto, con todo o grupo a punto de caer polas heridas, e iso que o estudiante Wunwiska demostrou coñecer a arte de curar heridas de todo tipo.
A escena da ponte de mando era caótica. Outro grupo de soldados de Chandrila estaba a manter fogo cruzado con homes de Tricher, pero estaban a perder. O soldado Jom empezou a lanzar granadas, todas elas alcanzando o branco e igualando o combate, mentres todos os demáis disparaban os blaster (e arco).
Cando todo parecía gañado, sucederon tres cousas. O primeiro, que nun disparo espectacular o explorador Andril foi alcanzado, quedando inconsciente no chan. O estudiante da Forza tentou de curalo e pifiou, xerando un chorro de sange no peito de Andril … Concentrándose, Wunwiska logou detelo usando os poderes da mente no último segundo e cunha pouca sorte.
Mentres tanto, da ponte de mando superior saíron por unha pasarela o Capitán da Fragata e mais o Xefe de Seguridad, este último cun rifle blaster que matou a un soldado de Chandrila coma se nada, e logo apuntou ó ferido soldado Jom … e Attack tentaba de disparar antes.
Quen sería o máis rápido dos 3? Eran os intres decisivos da misión. E primeiro foi Attack, quen conseguiu co seu disparo de blaster desequilibrar ó Xefe o xusto pra que herrase o seu potente disparo, mentres Jom conseguiu dar … as cousas seguían difíciles …
E ahí apareceu, Wunwiska, estudiante da Forza que lanzou por primeira vez na súa vida a derradeira granada do grupo, cun éxito impresionante, alcando a pasarela xusto onde debía. A explosión destrozou a pasarela e supuso a victoria final e a toma da fragata,
MISIÓN ALCANZADA CON ÉXITO TOTAL, e non morreron de milagre !!
Serán agasallados nas celebracións no planeta Chandrila tras a victoria contra os tRicher!!
Firmado: Wilkinson