jump to navigation

Informe X15M_04SCQ - Que lle pasa a Manfredi?? Febrero 15, 2008

Posted by lapanda in Cosas de la Peña, Role.
trackback

Misión: Investigar ó Enxeñeiro Manfredi. Descubrir o que lle ocorre.

Equipo: Dani (cónsul cereano), Jom Tlur (soldado Kel dor), Cilgal (Mon Calamari especialista técnico), Noat (granuja bothan), e Trini Lopez (picaro rodiano)

Manfredi é o enxeñeiro xefe (militar) de aeronaves, responsable do mantemento e compra de novas aeronaves do planeta Fresia.

Ultimamente as cousas non van como deberían nas forzas armadas de Fresia. Dous accidentes graves teñen ocorrido, e non se sabe ben as causas. Nun deses accidentes, un dos pilotos con máis experiencia case perde a vida. Todo o mundo di que Manfredi está moi raro, e o medo é que os accidentes sigan a pasar.

Un primeiro contacto do grupo serve pra atopar os informes oficiais do caso, que indican que os accidentes foron probablemente debidos a problemas técnicos, así como  que Manfredi está a retrasar revisións de mantemento de naves antigas, e que hai trámites burocráticos que non se están a facer … algo que nunca lle pasara ó metódico Manfredi.

Tras arduas investigacións da panda, facéndose pasar por unha delegación dun planeta cereano co seu consúl e todo, e usando como fontes de información a:

1. Compañeiros do Enx. Manfredi (a través dunha conversa un pouco técnica)

2. A secretaria do departamento (a través dunha conversa rosa mooooi longa)

3. Os informes oficiais do caso e de manfredi (obtidos dun xeito un pouco escuro)

e sobre todo de

4. Un holograma  roubado do peto do mesmo Manfredi

Pra descubrir, nun momento de tensión emocional … (con bágoas incluidas) que Manfredi estaba sendo fruto dunha chantaxe!!!

Alguén tiña secuestrada a sua filla mais nova, e exisían asinar un contrato de compra de novas aeronaves pra liberala. O encontro ocorrería nun planeta de fabricación de aeronaves, na cara deshabitada e oculta.

Tras unha discusión co grupo, Manfredi accede a que os investigadores vaian no seu cargueiro á reunión, agochados na nave.

A nave aterra no sitio indicado, onde está outra nave con 4 homes corpulentos e de mala hostia. Manfredi fala con xefe dos homes e ó cabo dun momento aunha rapaza de cabel loiro sae da nave, con outros dos homes detrás.

O que pasou despois non está claro. Houbo confusión, granadas aturdidoras, armas pesadas da nave disparando e mortes. Un do grupo morreu, varios dos de negro tamén.

Manfredi rematou moi malherido e preto de pasar ó outro lado. Claro que 2 semanas nun tanque de bacta fan esquecer os malos momentos.

Recompensa : píldora de adrenalina - pra manter a dor en momentos non doados.

Misión completada con éxito

Firmado

Wilkinson

Comentarios»

No comments yet — be the first.