Informe X14M_05SCQ: Merenda na selva Febrero 15, 2008
Posted by lapanda in 3149.add a comment
A nave Vandellós II non voltou da súa derradeira misión. A súa señal pérdese cando estaba de volta xa no planeta.
A tripulación estaba formada por un wookie, por unha estudiante de relacións interplanetarias/traductora, e un dos pilotos máis expertos de Wilkinson & Arthur
Misión do grupo: Atopar ó grupo e traelo de volta á capital
Grupo: Rorcual (soldado humano), Ashal (piloto humano) e Trini (pícaro rodiano)
As coordenadas onde se perdeu o contacto corresponden coa reserva de caza do planeta, nunha das zonas máis innacesibles.
O grupo ten á sua disposición o deslizador terrestre X3-AA2, con capacidade pra 6 pero sen armamento de combate.
Tras unhas horas de viaxe, a nave conducida por Ashal sobrevoa o muro de 10m que delimita a reserva, unha selva espesa tipo Amazonia. Tras unhas horas mais chega ás coordenadas. Ahí hai unha lixeira columna de humo, e cando chegan … a nave Vandellós II
O grupo baixa e investiga o que pasou. Non semella haber ninguén na nave, mais atopan restos de sangue. Na computadora da nave, o grupo atopa o rexistro dos últimos acontecementos. A últimas accións da nave foran- “iniciando maniobra de descenso” e logo - “alarma, alarma”. E hai un rastro cara o sureste …
Mentres andan a investigar, escoitan algo na selva … e cando van a mirar dispáranlle ó soldado con algo que parece un dardo (dos de diana), cun fío com ode seda case irrompible na parte de atrás.
Resulta que os que disparan son unha especie de pigmeos, e o fío serve pra recuperar a presa unha vez que ten varios dardos …
o soldado non ten moitos problemas con estes 2 pigmeos, a pesar de interferencias electromagnéticas que inutilizan os blasters e o deslizador… Seguen o rastro e tras un bo rato camiñando atopan un claro na selva, onde hai varias chozas de palla. No medio das chozas un caldeiro humeante. E frente a éste, un wookie e 2 humanos, unha moza nova e un home, os 3 inconscientes.
O pícaro se desliza cara eles, con tódalas armas extras do grupo, e está a corta-las cordas cando … unha procesión de pigmeos aparece no claro. O pícaro bota a correr coa rapaza incosciente cara a unha choza ( o que espertou comentarios picarones), mentres o piloto e o soldado o cubrían.
Claro que nese momento melodramático o rifle blaster do soldado, o seu millor compañeiro se queda sen enerxía. Así que o soldado ten que esprintar cara a choza onde está o pícaro, pra coller outro blaster. Polo camiño recibe varios dardos, mais como leva blindaxe pouco lle fan.
Os pigmeos, que eran sete ou así comezan a lanzar dardos (con fíos) a todo dios, dandolle ó piloto nun pezón e na ingle, deixándoo inconsciente e cun berro de dor mentres os pigmeos tentan de tirar cara eles …
Mentres, o soldado está a pasar apuros ó ser arrastrado polos fíos mentres dispara o blaster e acaba con varios pigmeos … e o pícaro consegue chegar a axudar ó piloto, que estaba xa inconsciente e preto de morrer …
Coa axuda dun medpac e algo da sorte que nunca lle falta, Trini consigue estabilizar a Ashal, que estaba mais noutro mundo, mentres que o soldado Rorcual tumba pigmeos (que seguen a aparecer) a un ritmo endiablado.
Cando quedaban só tres pigmeos, estes fuxen cara a selva.
O grupo (o soldado e a pícaro) tenta de reanimar tamén ós 3 cautivos, mais para o wookie xa é demasiado tarde … A rapaza e o piloto están ben, e lles contan que viron algo metálico no medio da selva, e por iso baixaron. Entón, una forza magnética enorme atrapou a nave sen que puideran facer nada. E os pigmeos os capturaron tras unha breve loita.
Rápidamente, voltan a nave, e descubren que xa o campo magnético desaparecera.
Estaban nestas cando os pigmeos volven a aparecer e disparar dardos. Cun cabreo dos grandes, o grupo consegue rexeitar o ataque usando esta vez os cañóns da nave Vandellós II, tumando árbores a cada disparo, e case incendiando a selva. Hai olor a pigmeo queimado nos arredores ….
E finalmente, suben o deslizador e despegan … pedindo reforzos. A última imaxe e unha nave do exército cruzándose co deslizador, cos soldados mostrándolles un pulgar cara arriba …
Misión finalizada con éxito
Wilkinson
Informe X15M_04SCQ - Que lle pasa a Manfredi?? Febrero 15, 2008
Posted by lapanda in Cosas de la Peña, Role.add a comment
Misión: Investigar ó Enxeñeiro Manfredi. Descubrir o que lle ocorre.
Equipo: Dani (cónsul cereano), Jom Tlur (soldado Kel dor), Cilgal (Mon Calamari especialista técnico), Noat (granuja bothan), e Trini Lopez (picaro rodiano)
Manfredi é o enxeñeiro xefe (militar) de aeronaves, responsable do mantemento e compra de novas aeronaves do planeta Fresia.
Ultimamente as cousas non van como deberían nas forzas armadas de Fresia. Dous accidentes graves teñen ocorrido, e non se sabe ben as causas. Nun deses accidentes, un dos pilotos con máis experiencia case perde a vida. Todo o mundo di que Manfredi está moi raro, e o medo é que os accidentes sigan a pasar.
Un primeiro contacto do grupo serve pra atopar os informes oficiais do caso, que indican que os accidentes foron probablemente debidos a problemas técnicos, así como que Manfredi está a retrasar revisións de mantemento de naves antigas, e que hai trámites burocráticos que non se están a facer … algo que nunca lle pasara ó metódico Manfredi.
Tras arduas investigacións da panda, facéndose pasar por unha delegación dun planeta cereano co seu consúl e todo, e usando como fontes de información a:
1. Compañeiros do Enx. Manfredi (a través dunha conversa un pouco técnica)
2. A secretaria do departamento (a través dunha conversa rosa mooooi longa)
3. Os informes oficiais do caso e de manfredi (obtidos dun xeito un pouco escuro)
e sobre todo de
4. Un holograma roubado do peto do mesmo Manfredi
Pra descubrir, nun momento de tensión emocional … (con bágoas incluidas) que Manfredi estaba sendo fruto dunha chantaxe!!!
Alguén tiña secuestrada a sua filla mais nova, e exisían asinar un contrato de compra de novas aeronaves pra liberala. O encontro ocorrería nun planeta de fabricación de aeronaves, na cara deshabitada e oculta.
Tras unha discusión co grupo, Manfredi accede a que os investigadores vaian no seu cargueiro á reunión, agochados na nave.
A nave aterra no sitio indicado, onde está outra nave con 4 homes corpulentos e de mala hostia. Manfredi fala con xefe dos homes e ó cabo dun momento aunha rapaza de cabel loiro sae da nave, con outros dos homes detrás.
O que pasou despois non está claro. Houbo confusión, granadas aturdidoras, armas pesadas da nave disparando e mortes. Un do grupo morreu, varios dos de negro tamén.
Manfredi rematou moi malherido e preto de pasar ó outro lado. Claro que 2 semanas nun tanque de bacta fan esquecer os malos momentos.
Recompensa : píldora de adrenalina - pra manter a dor en momentos non doados.
Misión completada con éxito
Firmado
Wilkinson