Historias cíclicas das viaxes da panda Octubre 11, 2007
Posted by lapanda in General, Viaxes da panda.trackback
Boas …
Reflexionando onte sobre as viaxes da panda, cheguei a conclusión de que hai cousas que sempre se repiten. Seguro que faltan algunhas e que os demais membros da panda colaborarán en extende-la lista, pero estas son as que teño na mente agora mesmo:
- Sempre hai alguén que se pon enfermo. Sexa Solete cunha das súas habituais problemas de saúde, sexa o discípulo Keko que remonta posicións, pero sempre hai que ter controlado ónde está o hospital mais próximo (agora é mais fácil desde que Neira viaxa connosco
- Sempre perdemos algo. Sexa unha bolsa no metro, sexa a dignidade nunha das moitas noites de farra internacional ….
- Somos os mesmos que pensábamos ser. A pesar de que os plans non se pechan ata o día anterior, sempre conseguimos chegar o 100% dos previstos, haia que ir a Milán, a London ou onde sexa.
- Sempre temos problema co peso da maleta no aeroporto (libros, crema de augardente, …)
- Sempre nos perdemos polas rúas. Sexa Edu en BRU co pum pum, ou o grupo de compras no mercado londinense, …
- Sempre hai brindis e xuramentos. Que nunca se cumplen, pero ahí están e quedan moi ben na foto.
- O número de teléfonos que fan fotos e cámaras supera ó número de persoas na viaxe. Semellamos unha convención de papparazis. E aínda así non compartimos as fotos e todo o mundo ten queixa.
E o millor de todo: Sen planificar nada nada conseguimos que as cousas salgan ben … Somos uns MACHOS! (como diría edulinchi).
E seguro que hai moitas máis …. teremos que agardar á próxima viaxe pra descubrilas
Unha aperta,
Jaja
Comentarios»
No comments yet — be the first.