Volta o rol … Abril 15, 2007
Posted by lapanda in Cosas de la Peña, General, Role.trackback
Boas panda!
Tras deliberacións varias, o outro día decidín retomar unhas das millores afeccións que tiven, e do que moi bos recordos teño. Así que ando a preparar unha campaña de Star Wars - D20, que ten moi boa pinta. E conto convosco.
O certo é que sendo realistas serán poucas as datas pra xogar, e moitas as dificultades pra xuntarnos. Así que as novas realidades piden novos xeitos de xoga-las partidas, e eiquí algunhas das miñas propostas:
1- As partidas empezarán e rematarán na mesma tarde.
2- As personaxes faranse antes das partidas, o ben na mesma data das partidas antes da hora pra xogar.
3- O contexto ou a historia - colgarase no blog antes das partidas, para que saibades o contexto e ónde ocorre a historiada partida.
4 -A campaña integrará ós xogadores de Madrid e Santiago, facendo aventuras distintas dentro da mesma campaña.
Síntoo por Hector, Solete, de momento non haberá partidas en Barnacity nen Brighton (Roi, conto contigo en Santiago).
5- As datas e o sitio para as partidas estableceránse con antelación, e se avisará no blog
De feito podo comunicar a data para a primeira partida en Santiago:
DIA 12 de MAIO, Santiago. 16:30 facer personaxes. 17:30 partida
6- A intención é xogar unha partida cada 2-3 meses en cada cidade.
Xa me contaredes que pensades desta proposta e se vos animades a xogar pra lembrar vellos tempos
De momento pls avisade quen pensa xogar en Santiago, en Madrid estamos Albert, Edu, Salva (colega de Albert), pode que Rosa e mais eu.
Unha aperta!
Jaja
Muy bien, muy bien…
Pues viendo como está el patio (que hay de aquello de avisar con una hora antes por si podemos acercarnos?), sólo me queda organizar con Hector algo muy interesante y secreto para gente menor de 30 años y sin barriga. Así no tendreis que sentiros discriminados por razones geográficas.
Saludos con cierto resquemor a las delegaciones de los mandriles y picheleiros, y un fuerte abrazo a mi compañero en el exilio de barna.
solete,
estás formalmente invitado ás partidas en Madrid e en Santiago. Agora xa podes vir, se non perdes experiencia por minuto que chegues tarde.
Non xogamos en Brighton porque cando vaiamos ahí non será pra xogar ó rol …. senón pra catar a birra e os cafés
A coidarse
Jaja