jump to navigation

Pra poñer algo no blog, que estamos de horas baixas Noviembre 1, 2006

Posted by lapanda in Cumpletacos, Festejos, General.
trackback

Moi boas!

 Xa que temos esto de escribir, comentar ou case que visita-lo blog un pouco esquecido, decidín hoxe poñer algo só pra cambia-la rutina e animar á xente.

O certo é que no teño moito que contar, así que vou poñer á xente ó día das andanzas da Panda nos mandriles (cada día somos máis).

 A panda está, con inestimable axuda de Hector, a descubrir novas zonas d marcha da capital (o que vai vir ben pra esta finde). Tamén é de dicir, que nada conseguiu polo momento igualar á nosa baza máis forte: Amor brujo, que crece como mito.

Por certo, polo que parece por cómo lle vai a Edu no seu curre (xa contará andanzas DIARIAS con mulleres de ben vivir … ji ji); e por cómo non lle vai coa súa solicitude no Amor Brujo, me temo que teremos que seguir pagando as copas.

Tamén dicir como novidade, que o sobrino Edu se vaise independizar hoxe, aumentando o número de plazas hoteleiras da panda en Madrid.

E dicir tamén que temos xa a finde montada pra aqueles que van vir á festa anual madrileña.

O venres, teremos cena nun asturiano da zona da Latina, onde poderemos tomar birras e copas…. Falta por confirmar se o sábado facemos karting, estou a falar cos interesados … e pola noite cena e copas na casa (seremos 20) …

E pra os  que non poden vir este este finde (Jacky, Tonio, Boko,…ira??), que saibades que Keko e mais eu estaremos a finde do 10-Nov en Santiago … 

 nada mais …

Unha aperta

Jaime

P.D. O que tiña que escribir con novidades xa sabedes todos quen é, pero  como non se anima polo momento, e entendo que tampouco querrá contar moito, pois iso.

 

Comentarios»

1. lapanda - Noviembre 1, 2006

Neira? Vas vir ó final?
jaja